06/11/08

SOBRE IMAXES CORPORATIVAS E IDENTIDADE

Cada vez é máis frecuente que os organismos, institucións e empresas conten cun manual de imaxe corporativa ou de identidade no cal se da conta do seu logotipo, das cores en que debe ser impreso, do tipo de letra que o debe acompañar, dos tamaños posibles dos logos, dos requisitos das publicacións, etc.

Como todos e todas sabedes, a Xunta de Galicia posúe un Manual básico de identidade corporativa, que podedes descargar nesta ligazón: http://www.xunta.es/identidade-corporativa/pax/pax04.htm

04/11/08

¡ACABA DE NACER UN NOVO VOCABULARIO!

Hoxe o xornal Galicia hoxe daba a noticia da publicación dun novo vocabulario, trátase do Vocabulario multilingüe de economía.
Este volume foi realizado por investigadores das universidades de Cataluña, Euskadi, Galicia e Holanda e permítenos consultar as voces en cinco linguas diferentes: o galego, o inglés, o castelán, o catalán e o vasco.

A ver quen se atreve con el: http://ricoterm.iula.upf.edu/docums/vocecon/gal/frames_cat.html

02/11/08

¡U-LOS DICIONARIOS NA REDE!

Ás veces precisamos coñecer o significado dunha palabra e, para iso (e non para *elo), temos que botar man dun dicionario. Na rede podemos consultar:

a) O Diccionario da Real Academia Galega, pero con tino, que non está actualizado coa norma do ano 2003: http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index_rag.html

b) O Dicionario de Ir Indo con equivalencias en inglés, castelán e portugués: http://www.digalego.com/

c) O Dicionario galego-alemán da Real Academia Galega:http://193.147.87.248/dicionario/index.php

d) O Diccionario italiano-galego: http://www.cirp.es/pub/docs/varios/dicItaGal.pdf

continuará...

DE EXCELENTÍSIMOS, ILUSTRES E MAGNÍFICOS

¿Quen non desexou algunha vez ser tratado de ilustre, excelente e mesmo magnífico? ¡Mágoa!, pois todos e todas sabemos que estes tratamentos van vinculados ao cargo que ocupamos.

Actualmente abonda con tratarmos por igual a uns e a outros, sempre empregando o tratamento de señor (Sr.) ou señora (Sra.), segundo se recolle na Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega. Velaquí a ligazón: http://www.accioncosteira.es/archivos/Lei%20de%20Transparencia.pdf

Con todo, se queremos referirnos a un coronel da Administración militar ou a un cóengo da Administración eclesiástica ¿que tratamento lle deberiamos dar? A solución atopámola premendo aquí: http://www.usc.es/snl/asesora/fundamentos/criterios/tratamentopersoal/cargo.htm