05/02/09

CAL É O RESULTADO DA ENQUISA?

Menos mal que non había cartos por medio! xa que a meirande parte dos votantes apostátedes por unha resposta errónea. Lembrade que aparte é un substantivo que fai refencia ao diálogo que os actores dirixen ao espectator nun teatro e a parte, con esta ortografía, existe en galego exclusivamente na locución de parte a parte. Polo tanto a oración correcta é: Achégalle ao informe un anexo á parte.
Non esquezades esta forma tan cotiá!