COMO E CON QUE CONTRAE... O ARTIGO DOS TOPÓNIMOS!
Nestas datas en que aumentan os desprazamentos polas estradas e a meirande parte de nós vimos e imos dun lugar para outro, cómpre (e non compre 'mercar') lembrar que aqueles topónimos que posúen un artigo (por exemplo: A Bola, A Coruña, A Fonsagrada, A Estrada, A Pobra do Caramiñal, Os Blancos) deben levalo sempre e contrae coas preposicións a, con, de, en e por cando van precedidos por elas. Por ese motivo, debemos empregar:
Os meus avós eran do Concello da Bola
Veño da Coruña
Onte estiven paseando pola Fonsagrada
Quen de vós vive na Estrada?
Vivín na Pobra do Caramiñal
A horta do teu consogro linda cos Blancos