05/01/20

O PORTAL DA CIENCIA GALEGA:  GCiencia

Dende o mes de novembro do ano 2013 temos a sorte de contar coa páxina GCiencia, que une xornalismo e divulgación e achega a ciencia e a tecnoloxía que se fai en Galicia a toda a sociedade. Faino dun xeito sinxelo botando man de tres linguas: o galego (maioritariamente), o castelán e o inglés. Este proxecto está capitaneado polos xornalistas Eduardo Rolland e Pablo López, baixo a editora Ciencia Galega Industrias Creativas S.L., e conta con numerosos premios e recoñecementos dende que se puxo en marcha; entre eles o prestixioso premio Prismas 2019.

Organízase nas seguintes seccións: Ciencia, Mar, Natura, Universidade, Tecnoloxía, Nautas, Tolociencia, Destinos, aos que se unen Opinión, Talento, HistoriasGC, Pontenciencia, Perspectivas, Premio Comunicación Científica, Xacementos, GCEnglish, Ecocidade e Boísimo, dedicada á gastronomía. Ademais, conta coa canle GCTV.

Ata o momento, as xestións dixitais no ámbito da administración foron o tema de dúas publicacións polo xornal GCiencia: As xestións dixitais dos galegos coa Xunta xa superan as presenciais e As novas tecnoloxías mudan a cara da Administración.
Dende aquí desexámoslle unha longa vida a GCiencia e animamos á súa lectura!