28/03/20

UNHA PROPOSTA TEATRAL: SHAKESPEARE PARA IGNORANTES

Como non todo vai ser traballar nestes tempos de confinamento, velaquí deixo o vídeo completo da exitosa obra teatral Shakespeare para ignorantes, dirixida por Quico Cadaval e levada a escena por Mofa&Befa. Unha comedia de carácter didáctico na cal un profesor ofrece unha conferencia sobre Shakespeare para instruír a un público carente de coñecementos. A retranca e o riso están presentes en toda a obra.

Vaivos gustar!