A DIÉRESE
A diérese é un trazo (¨) que se pon sobre o i ou o u para indicar que hai que pronuncialo. Noutras linguas, coma o
alemán -por citar un exemplo- é un signo moi frecuente, pero en galego o seu
uso limítase aos casos:
a) En que hai que pronunciar o ü: bilingüe, pingüín, etc.
b) 1a e 2a Persoa
plural dos copretéritos (ou pretéritos imperfectos) dos verbos rematados en -aer,
-oer, -aír, -oír e -uír:
caïamos, caïades, roïamos, roïades, saïamos, saïades, oïamos, oïades, construïamos,
construïades, etc. A diérese nas segundas persoas deste tempo
verbal serve para desfacer a ambigüidade coas mesmas persoas do presente de
subxuntivo e a súa presenza indica ademais que o ï forma unha sílaba independente, a pesar de ser átono: ca-ï-a-mos.
Por exemplo:
→ Pte. de
subxuntivo: caiamos/caiades
Oxalá non caiamos da dorna.
Para facer puenting é preciso que caiades da ponte.
→ Cpto. de
indicativo: caïamos/caïades
Cando andabamos en bicicleta e non
existían as beirarrúas caïamos sempre nas cunetas.
Lembrades cando non caïades da burra por máis explicacións que vos deran?
Ningún comentario:
Publicar un comentario