11/11/11

POR DEREITO!... TERMOS DE DEREITO PENAL E CONSTITUCIONAL


Recentemente o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela acaba de sacar á luz dous vocabularios: un de termos de dereito penal e outro, de constitucional.

Trátase de dous repertorios lexicográficos bilingües (galego-castelán), cuxo índice nos permite facer buscas inversas (de castelán a galego). Podemos descargarlos dende:

a) Termos esenciais de dereito penal. Conta con 858 entradas e ten en contas as modificacións introducidas o 22 de xuño de 2010. Foi elaborado por Miguel Abal (profesor de Dereito penal da USC) e Xusto A. Rodríguez Río (responsable da Área de terminoloxía do SNL da universidade compostelá -ollo! compostelán vs. compostelá).

b) Termos esenciais de dereito constitucional. Conta con 788 entradas e é da autoría de Begoña López Portas (profesora na USC) e foi coordinado por Xusto A. Rodríguez Río.



De seguro que nos serán de moita utilidade!

2 comentarios:

Voz en off dixo...

Ola Raquel! Benvida de novo ó mundo blog, xa te botabamos de menos por aquí, xa vin que tamén actuañizaches Xunqueiros.
Por onde andas?

signos de puntuación dixo...

É certo que tiña os blogs un pouco abandonados, pero agora prometo un pouco máis de actividade blogueira.
Graciñas!