A finais de decembro de 2011 presentábase o esperado Dicionario xurídico galego como unha ferramenta de interese para todos aqueles e aquelas que desenvolven o seu traballo no ámbito xurídico e administrativo. Esta obra, dirixida polos maxistrados Luciano Varela e Xosé Xoán Barreiro, recolle ao redor de 2.000 entradas pertencentes a diferentes áreas do dereito (civil, mercantil, notarial, tributario...) que se foron elaborando ao longo de catro anos a través dunha plataforma en rede.
Logo da entrada de dicionario ofrécesenos a categoría gramatical da voz, a súa definición e unhas indicacións (en ocasións, case enciclopédicas) do estado do dito concepto na lexislación. A continuación, cando é pertinente, fanse entradas remisivas e recóllense os sinónimos correspondentes, a forma equivalente do castelán e mais o nome de quen elaborou a voz.
Actualmente os empregados públicos da Administración xeral, Administración de xustiza, Administración local e Servizo Galego de Saúde teñen acceso a el dende o enderezo: http://dicionarioxuridico.xerais.es.

Animádevos a consultalo e a facer un uso correcto da lingua administrastiva e xurídica galega nos vosos documentos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario