No mes de maio Inacio e Iván Méndez publicaban o álbum Castelao. O pobre tolo, coeditado pola Librería Komic e Demo Editorial. A banda deseñada céntrase no desterro de Castelao en Badaxoz e é o segundo dun proxecto que pretende publicar 8 números centrados na vida do intelectual antes e despois da Guerra civil.
A obra preséntanos a un Castelao en Badaxoz que convive con outros galegos que sofren por estaren lonxe da súa terra e nunha das súas viaxes a Portugal merca a obra de Teixeira de Pascoaes titulada O pobre tolo, que dá título a este álbum. A través da banda deseñada achégasenos a biografía do autor en terras castelás chea de referencias literarias e culturais que amosan o bo traballo de documentación que hai detrás. De feito, paréceme un libro moi interesante para achegarlle aos rapaces, tanto de Primaria coma de Secundaria, a biografía e a obra deste autor.
Parabéns aos seus creadores e quedamos á espera das próximas edicións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario