27/06/13

MOI RECOMENDABLE PARA XORNALISTAS!

A Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo ofrécenos en formato .pdf unha obra titulada Traballo xornalístico na Universidade de Vigo: pautas para un correcto uso da linguaxe que, de seguro, nos vai ser útil á hora de redactarmos e empregarmos a lingua galega oral con corrección.

Trátanse temas relacionados co uso da lingua e da ortografía como son: as maiúsculas e minúsculas, os signos de puntuación, o emprego da letra cursiva, grosa e versaleta; tamén se explican os erros fonéticos e prosódicos máis frecuentes e, finalmente, achégase información sobre toponimia e antroponimia e reflexiónase sobre a tradución destes nomes á lingua galega.



5 comentarios:

Voz en off dixo...

Xa botaba de menos a actividade do blog. Que tal che vai?

signos de puntuación dixo...

Grazas, voz en off! Pois polo menos unha vez ao mes prometo incluír unha nova entrada. Estes últimos meses con moito traballo, pero en canto aterre por aí heite avisar para un café!

signos de puntuación dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.
Voz en off dixo...

Alégrome que teñas moito traballo, cheguei a pensar que cos recortes te chamaban pouco.

manueldetopete dixo...

INTERESANTE, GRAZAS