O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago acaba de editar dous novos repertorios lexicográficos que se poden consultar e descargar en formato .pdf.
a) Vocabulario forestal: galego-español-inglés, coordinado por Xusto Rodríguez Río. Conta con 2.447 termos presentados coa súa categoría gramatical, área ou áreas á que se adscriben, a forma en español e en inglés e, en ocasións, unha nota aclaratoria. Ao final da obra ofrécese unha listaxe das voces nas diferentes linguas.
b) Termos esenciais de dereito internacional (galego-español-inglés), tamén coordinado por Xusto Rodríguez Río. Recolle 771 voces encabezadas pola forma galega e seguidas dos índices en español e inglés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario