Dende hoxe o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela pon ao noso dispor o bUSCatermos, unha ferramenta informática que nos permite consultar en liña unha base de datos de terminoloxía multilingüe. Este repertorio, a pesar de estar centrado nas voces en galego, tamén recolle léxico en castelán, inglés, francés, catalán, italiano e alemán.
Esta ferramenta resulta de grande utilidade dado que está en continua actualización e nela recóllense vocabularios e léxicos elaborados polo Servizo de Normalización da USC ou por outros colectivos ou persoas e tamén termos que se foron acuñando ao longo dos anos coas consultas puntuais dirixidas ao dito servizo de normalización.
No relativo ás áreas temáticas, están recollidas as matemáticas, ciencias físicas e do espazo, ciencias da terra, bioloxía, ciencias da saúde e veterinaria, agricultura, silvicultura e gandería, industria, vida doméstica, transportes e telecomunicacións, dereito e administración pública, economía, empresa e comercio, política, socioloxía e antropoloxía, demografía, xeografía e historia, filosofía e relixión, psicoloxía e educación, filoloxía, ciencias da documentación e a comunicación, belas artes, deporte e lecer e lingua xeral.
Conta cunha aplicación de balde para dispositivos de iOS e de Android.
Xa nos podemos poñer a buscar!
Conta cunha aplicación de balde para dispositivos de iOS e de Android.
Xa nos podemos poñer a buscar!
2 comentarios:
Vaia, que boísima noticia. Poder acceder a ese impagable e boísimo traballo de tantos profesionais! É unha boa nova e alégrome moitísimo.
Concordo contigo; de seguro que a moitos nos vai sacar dun apuro terminolóxico. Parabéns para todos os que colaboraron e, por suposto, para Xusto Rodríguez, encargado da área de terminoloxía do SNL.
Publicar un comentario