As palabras cultas procedentes do grego e rematadas en -sis en galego presentan a terminación -se: a análise, a crise, a diocese, a esclerose, a éxtase, a metamorfose, a paréntese, a perífrase, a tese etc. Con todo, non pertencen a este grupo o chasis e o oasis.
Do mesmo xeito, as palabras que no grego tiñan a terminación -itis e -tis teñen en galego a terminación -ite/-te: a apendicite, a bronquite, a diabete, a gastroenterite, a gastrite, a otite etc; pero exclúese desta relación gratis.
Do mesmo xeito, as palabras que no grego tiñan a terminación -itis e -tis teñen en galego a terminación -ite/-te: a apendicite, a bronquite, a diabete, a gastroenterite, a gastrite, a otite etc; pero exclúese desta relación gratis.
Todos os substantivos incluídos nestes dous grupos teñen xénero feminino e, polo tanto, cómpre lembrar que terminacións en -*i/-*is/-*iti/*-itis ou*-ti/*-tis en palabras de orixe grega en -sis/-itis/-tis son incorrectas en galego: *crisi/*crisis, *otiti/*otitis, *gastroenteriti/*gastroenteritis...
Para non esquecermos isto, velaquí a ligazón ao novo anuncio de Gadis titulado "Sairemos como galegos!", onde se utiliza o substantivo crise coa terminación correcta -se.
2 comentarios:
Ola Raquel!!! Como andas? Levo días pensando onde podería atopar un vocabulario xeitoso relativo a eses termos enxebres tan bonitos que hai para falar de comida.
"Recochar", levedar,barolo, etc. É que agora facemos tamén reportaxes de receitas. A ver se lembras algo ou hai algún recurso en rede. Graciñas!!!
Ola Voz en off!
Envíoche ás referencias ao mail, que no comentario non podo introducir as ligazóns.
Un saúdo e a ver cando podemos "relamber o bico" vendo eses programas.
Publicar un comentario