23/03/14

UNHA MIRADA CARA Á HISTORIA: DOCUMENTOS NOTARIAIS DA IDADE MEDIA

Esta bitácora naceu coa finalidade de recoller novas e recursos relacionados coa linguaxe administrativa e xurídica galega e, nesta ocasión, imos botar unha ollada cara ao pasado, en concreto a catro pescudas datadas no século XV.

Moito do vocabulario do ámbito xurídico-administrativo que chegou ata os nosos días está recollido nestes textos, malia parecernos léxico moi actual (é o caso das voces procurador, xa atestada no século XIII, e amostaçón -actualmente amoestación- documentada por primeira vez nun texto de comezos do século XV). A tipoloxía textual moi pouco mudou dende a Idade Media e as fórmulas de inicio e peche de documento tamén se seguen mantendo practicamente intactas na actualidade.

Esta é algunha da información que se ofrece na obra As Encrobas, Noia, Ribadulla e Urdilde. Edición crítica, estudo léxico e onomástico de documentos notariais en galego do século XV, editada pola Deputación da Coruña e da autoría da responsable deste blog, coa finalidade de afondar na lingua galega utilizada polos cidadáns medievais nos documentos notariais. Ademais achégase información dos notarios e escribáns relacionados nos textos, apuntamentos paleográficos relativos á letra precortesá, unha edición crítica das catro pescudas adscritas (por orde cronolóxica) a Ribadulla, Urdilde, Noia e As Encrobas, un estudo do léxico contido nestes documentos, unha análise antroponímica dos individuos que se citan e, finalmente, dous índices: un toponímico e outro dos nomes de persoa.

Velaquí quedan as fotografías dos textos dixitalizados, ás que podedes acceder premendo na imaxe:

6 comentarios:

Voz en off dixo...

Que boa pinta!!! Ségueme custando moito compartilo en redes sociais; noraboa Raquel!!

signos de puntuación dixo...

Grazas! A ver agora se vía Facebook se pode compartir sen problema. Un saudiño.

Voz en off dixo...

Guai, graciñas!!!

Voz en off dixo...

E proba poñerlle máis redes, polo menos twitter!

signos de puntuación dixo...

Prometido que este verán "De verbo a verbo" terá estará en Twitter

Anónimo dixo...

������ iso iso tes que poñer twitter, instagram ou ask