Desta volta imos facer unha pequena reflexión sobre a formación do plural das palabras rematadas en vogal ou ditongo. Estes días puiden ler nun bar un anuncio publicitario exposto na rúa que dicía *cafeses; na mesma semana escoitei un anuncio radiofónico promocionando un coñecido parador compostelá, que falaba do "hostal dos *Reises Católicos". Para evitarmos este tipo de erros lingüísticos, que poden afear a publicidade de calquera establecemento, cómpre recordar que todas as palabras rematadas en vogal (café) ou ditongo (rei) forman, na lingua galega, o plural en -s e nunca en -es. Deste xeito, temos que falar de cafés, sofás, aulas, reis, leis, etc.
Aproveitando esta indicación, recollemos un cadro resumo sobre a formación do plural, que podedes ampliar consultando as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego.
CONTEXTOS
|
FORMACIÓN DO PLURAL
|
EXEMPLOS
|
→ Palabras
rematadas en vogal ou ditongo
|
engaden
–s
|
sofá-sofás
rei-reis
|
→ Palabras
rematadas en vogal + -n
|
engaden –s
|
camión-camións
reunión-reunións
|
→ Palabras
rematadas en –r ou –z
|
engaden
-es
|
trailer-traileres
nariz-narices
|
→ Palabras
agudas rematadas en –s
|
engaden -es
|
noiés-noieses
cempés-cempeses
|
→ Palabras
graves rematadas en –l
|
engaden -es
|
débil-débiles
fácil-fáciles
|
→
Monosílabos rematados en –l
|
engaden -es
|
mel-meles
mal-males
|
→ Polisílabas agudas rematadas en -l
|
engaden -is
e
perden o –l
|
cadril-cadrís
animal-animais
cruel-crueis
|
→ Palabras graves ou esdrúxulas rematadas en -s ou graves rematadas en –ns
|
mantéñense
invariables
|
o lapis-os
lapis
o luns-os
luns
|
→ Palabras rematadas en -x [ks]
|
mantéñense
invariables
|
fax-os
fax
tórax-os
tórax
|
1 comentario:
Benvida! Sempre é bo repasar!
Publicar un comentario