29/11/08

AMÁLGAMA LITERARIA-XURÍDICA DA CIDADE DE OURENSE (¡reparade no uso do guión!)

A literatura está moi vencellada á cidade de Ourense (lembrade as reunións dos homes do Cenáculo ourensá) e non podemos perder a oportunidade de citar unha das obras máis destacadas da literatura galega: A Esmorga, da autoría de Eduardo Blanco Amor.

Ademais, establécese un gran vínculo entre a obra e os textos xurídico-administrativos, dado que a obra comeza cun proceso xudicial que se vai prolongar ao longo do texto. Velaquí un anaco para que leades (p./páx. 40):



“[...] A casupa onde vive a Raxada, desque se foi da casa da Monfortina por mor do .pequecho, quedáralle dos pais cunhas leiras darredor, que vendeu cando se puso ó trato. Está máis aló de Mariñamansa, así que eu tiña que saír con noite pra estaré as sete da maña en Ervedelo que é, como vostede me enseña, por onde veñen as obras da carreteira, que eu traballo alí, a par da ponte que están erguendo a todo bulir pra que poida pasar o diputado, que disque vén o mes que vén, co gallo das eleiciós [...]” .
...CONTINÚAN OS VOCABULARIOS

Todos e todas aqueles e aquelas que teñades que manexar vocabulario pertencente aos ámbitos da educación, do urbanismo, da alimentación, das diversas especies e de internet podedes consultar:

-Glosario multilingüe de orientación profesional e escolar: http://www.usc.es/snl/term/Vocabularios/orient-escolar.pdf
-Diccionario de pedagoxía: http://www.edu.xunta.es/diccionarios/p/index.html

-Glosario de urbanismo: http://galego.org/vocabularios/urbanismo.html

-Glosario do viño: http://www.terrasgauda.com/gal/diccionario/dica.html
-Glosario de gastronomia: http://vello.vieiros.com/pacofeixo/glosario.html

-Diccionario multilingüe de especies mariñas: http://www.masmar.com/especies
-Glosario multilingüe de mamíferos e aves:http://www.informatika.bf.uni-lj.si/magus-romance2.html
-Léxico do medio: http://www.linmiter.net/lexique/gal_ambiental.html

-Léxico panlatino de Internet: http://www.usc.es/snl/term/Vocabularios/internet-conxunto.pdf

28/11/08

Nace o VOCABULARIO DE MORFOLOXÍA, ANATOMÍA E CITOLOXÍA VETERINARIA

Antonte presentouse no Campus de Lugo un novo vocabulario que recolle léxico relativo aos animais. Esta en pdf e velaquí a ligazón: http://www.usc.es/snl/term/Vocabularios/morf-veterinaria.pdf

¡A gozar (e non *disfrutar) del!

26/11/08

¿U-LOS MANUAIS DE DOCUMENTOS ADMINISTRATIVOS?

Como disque non hai nada baixo o sol, se premedes nas seguintes ligazóns podedes descargar diversos manuais de documentos administrativos:

a) Un dos nosos textos de traballo, Manual básico de documentación administrativa: http://www.avogacia.org/w3/IMG/pdf/Manual_doc_administrativos.pdf

b) O recente Manual de documentos administrativos da Universidade da Coruña: http://es.calameo.com/read/0000024288a18d47f5ba8
http://www.udc.es/snl/documentospdf/manual_doc_udc.pdf



¿QUE É *REPLANTEO ou RELINGA? ¿COMO SE DI EN GALEGO *GROSELLERO ROJO OU *REGALIZ? .... E MOITO MÁIS

Velaquí dúas voces que pertencen ao ámbito da construción, pero ¿cando temos que consultar vocabulario deste ámbito a onde podemos recorrer? Pois... se premedes nas seguintes ligazóns teredes o problema solucionado:
a) Dicionario galego de construción naval (galego-español-inglés-portugués): http://dicionarionavalgalego.ingenierosnavales.com/
b) Dicionario visual da contrución: http://dicionario.coag.es/index.php
Para os afeccionados (e non *aficcionados) ás diversas prantas van estes Termos esenciais de botánica (galego-español-inglés): http://www.usc.es/snl/term/Vocabularios/t-botanica.pdf
E... para aqueles e aquelas aos cales lles guste a comunicación ímoslle recomendar o Dicionario galego de Televisión: http://www.cirp.es/pub/docs/cite/dicTV.pdf
... E SOBRE O LÉXICO XERAL
Nesta ligazón podedes descargar en pdf o libro Léxico 1 de Proxecto Artello: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Lexico1-Galicia.pdf

25/11/08

AS ABREVIATURAS

Temos que ter en conta que cando empregamos abreviaturas debemos utilizalas correctamente, pero ¿onde podemos atopar listaxes de abreviaturas, símbolos, siglas e acrónimos? Aquí (e non *eiquí) está a solución:
No Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade de Santiago de Compostela propoñen: http://www.usc.es/~snlus/asesora/fundamentos/criterios/abreviacion/index.htm
No SNL da Universidade da Coruña ofrece as seguintes listaxes:
http://www.udc.es/snl/documentospdf/Libro_Criterios_lingua.pdf

21/11/08

a), b), c), d), e), f), g), h), i).... NUMERACIÓN ALFABÉTICA

Esta semana na rolda de terminoloxía do Consello da Cultura Galega preguntábase sobre a maneira de facer a numeración alfabética nos textos administrativos e xurídicos galegos, pois temos que pensar que o galego non ten j).
Dende o Parlamento de Galicia, Carlos Díaz Abraia, especialista en Linguaxe administrativa galega (lembrade que é autor xunto con Xermán García Cancela do Manual de linguaxe administrativa) propuña analizar a recente Lei de residuos, que conta con extensas (non *estensas) enumeracións.
Logo de consultala en http://www.xunta.es/Dog/Dog2008.nsf/FichaContenido/49546?OpenDocument, ¿a que conclusión chegamos?
...ALGO DE HISTORIA

Para coñecermos a historia da lingua galega dende as súas orixes podemos coller os flocos de millo e visualizar o vídeo da serie Historias de Galicia da CRTVG, que leva por título Lingua de reis, lingua do pobo. Velaquí a ligazón: http://www.crtvg.es/TVGacarta/?prog=158

19/11/08

NACE UN NOVO TRADUTOR. O OpenTrad

Hai uns días a empresa galega Imaxin Software presentou un tradutor españo/galego/catalán/euskera e viceversa, que se fixo contando coa colaboración das universidades de Vigo e Santiago de Compostela. A utilidade do tradutor aumenta ao podermos traducir textos enteiros e páxinas web en poucos segundo.
Cómpre destacar que é de código aberto, polo tanto poderemos utilizalo de balde, así que mans á obra.
Velaquí a ligazón http://opentrad.imaxin.com/
E TI, ¿DE QUEN VÉS SENDO?


Se tes un apelido galego podes saber en que concellos galegos se localiza e tamén coñecer o número de individuos que o portan. Preme na ligazón da Cartografía dos apelidos galegos: http://servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp
Para coñecer a orixe do nome de pía podemos consultar:

De quererdes botar un riso, velaquí este vídeo:

18/11/08


OS NOMES DE LUGAR


madagascar lalín namibia ortigueira chad mondoñedo guiné bissau cambados costa de marfil monforte senegal corcubión burundi mondariz zambia camariñas malí guitiriz camerún a estrada gabón cerdedo etiopía ribadavia níxer negreira mauritania boimorto serra leoa tomiño lesoto becerreá libia a fonsagrada somalia trasmirás kenia arzúa congo xinzo sudán rianxo liberia soutomaior togo forcarei ghana laza zaire melide tanzania mos uganda
santa comba angola vilardevós
alto volta
a lúa ponse saharahui en vigo
hostia en dios cristo en biafra

Antón Reixa, De Historias do Rock and Roll, 1985
¿Ribeira ou *Riveira? ¿Ourense ou *Orense? ¿Tui ou *Túi? ¿*Porriño ou O Porriño? ...
Cando temos dúbidas sobre a denominación oficial dos topónimos galegos podemos consultar o Noméclator oficial de Galicia nesta ligazón: http://www.xunta.es/toponimia
Lembrade que a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística no seu artigo 10 establece:
1. Os topónimos terán como única forma oficial a galega.
2. Corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia. O nome das vías urbanas será determinado polo Concello correspondente.
3. Estas denominacións son as legais a tódolos efectos e a rotulación terá que concordar con elas. A Xunta de Galicia regulamentará a normalización da rotulación pública respectando en tódolos casos as normas internacionais que subscriba o Estado.


Para coñecermos algúns topónimos e xentilicios podemos consultar o derradeiro tema do libro Lexico 2 de Proxecto Artello. Podedes descargalo en pdf en http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Lexico2-Galicia.pdf

16/11/08

A LRX-PAC ¡UNHA CAIXA DE SORPRESAS!

Xa sabemos que o tipo de documento de constancia denominado certificado só pode ser asinado polos secretarios dos organismos, pero ¿en que disposición legal se recolle isto?

Pois velaquí temos o artigo 25 da Lei 30/1992, que recolle no punto 3.e) que é tarefa do secretario, entre outras funcións, "expedir certificacións das consultas, dictames e acordos aprobados".

Outro texto legal en que tamén se recolle isto é a Orde da Presidencia do Goberno do 31 de decembro de 1958 (BOE, do 6 de xaneiro de 1959).

Entón, quen non sexa secretario ¿que tipo de documento debe facer para dar fe dalgún feito?

13/11/08

TODO CAMBIA... TAMÉN AS LINGUAS

O sábado os xornais facíanse eco dunha noticia que é do noso interese. La Region recollía o titular "Pen drive e as siglas USB, entre as novas incorporacións ao Diccionario de la Academia Española". É evidente que a sociedade cambia e, polo tanto, as linguas tamén teñen que ampliar as súas voces e adaptarse ás necesidades dos falantes.

¿Como traducimos ao galego o anglicismo "pen drive"?
¡VAI DE ANIMAIS!

A quen non lle dixeron alguna vez ¡non sexas animaliño!, pois agora imos mergullarnos no mundo animal e para iso consultamos:

a) O Vocabulario multilingüe e acuicultura (ano 2002): http://www.cirp.es/pub/docs/cite/vocabulario_acuicultura.pdf

b) O Vocabulario da fauna mariña galego-inglés-castelán-latín (ano 1996): http://www.usc.es/snl/term/biblio-term_ZOOL.htm

CONTINUARÁ...

DEDICADO (non *adicado) AOS NOSOS COMPAÑEIROS DO ÁMBITO SANITARIO

¿Como se di "glucosa" en galego? ¿Que é un "eclegma"? ¿E "granulocitose"? ¿Alguén escoitou algunha vez a palabra "bruxismo" ou "rinchamento"?

Para solucionar algunhas destas dúbidas botamos man do Diccionario galego de termos médicos (ano 2002) premendo aquí: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/diccmedico.pdf

Tamén podemos consultar:

a) O Diccionario de psicoloxía e educación: http://www.edu.xunta.es/diccionarios/p/index.html

b) O Glosario de termos da Seguridade Social: http://www.seg-social.es/Internet_3/Masinformacion/Glosario/index.htm?ssUserText=

c) O Vocabulario panlatino de hemodinámica: http://www.iliesi.cnr.it/bdt_pub/casa.php


E para alegrar o día...

Un tradutor "cachondo" paciente-sanitario, pois ¡quen non se equivocou algunha vez!: http://www.auxiliar-enfermeria.com/traductor.htm

06/11/08

SOBRE IMAXES CORPORATIVAS E IDENTIDADE

Cada vez é máis frecuente que os organismos, institucións e empresas conten cun manual de imaxe corporativa ou de identidade no cal se da conta do seu logotipo, das cores en que debe ser impreso, do tipo de letra que o debe acompañar, dos tamaños posibles dos logos, dos requisitos das publicacións, etc.

Como todos e todas sabedes, a Xunta de Galicia posúe un Manual básico de identidade corporativa, que podedes descargar nesta ligazón: http://www.xunta.es/identidade-corporativa/pax/pax04.htm

04/11/08

¡ACABA DE NACER UN NOVO VOCABULARIO!

Hoxe o xornal Galicia hoxe daba a noticia da publicación dun novo vocabulario, trátase do Vocabulario multilingüe de economía.
Este volume foi realizado por investigadores das universidades de Cataluña, Euskadi, Galicia e Holanda e permítenos consultar as voces en cinco linguas diferentes: o galego, o inglés, o castelán, o catalán e o vasco.

A ver quen se atreve con el: http://ricoterm.iula.upf.edu/docums/vocecon/gal/frames_cat.html

02/11/08

¡U-LOS DICIONARIOS NA REDE!

Ás veces precisamos coñecer o significado dunha palabra e, para iso (e non para *elo), temos que botar man dun dicionario. Na rede podemos consultar:

a) O Diccionario da Real Academia Galega, pero con tino, que non está actualizado coa norma do ano 2003: http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index_rag.html

b) O Dicionario de Ir Indo con equivalencias en inglés, castelán e portugués: http://www.digalego.com/

c) O Dicionario galego-alemán da Real Academia Galega:http://193.147.87.248/dicionario/index.php

d) O Diccionario italiano-galego: http://www.cirp.es/pub/docs/varios/dicItaGal.pdf

continuará...

DE EXCELENTÍSIMOS, ILUSTRES E MAGNÍFICOS

¿Quen non desexou algunha vez ser tratado de ilustre, excelente e mesmo magnífico? ¡Mágoa!, pois todos e todas sabemos que estes tratamentos van vinculados ao cargo que ocupamos.

Actualmente abonda con tratarmos por igual a uns e a outros, sempre empregando o tratamento de señor (Sr.) ou señora (Sra.), segundo se recolle na Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega. Velaquí a ligazón: http://www.accioncosteira.es/archivos/Lei%20de%20Transparencia.pdf

Con todo, se queremos referirnos a un coronel da Administración militar ou a un cóengo da Administración eclesiástica ¿que tratamento lle deberiamos dar? A solución atopámola premendo aquí: http://www.usc.es/snl/asesora/fundamentos/criterios/tratamentopersoal/cargo.htm

29/10/08

¡E LOGO, VAI DE LIBROS!
O libro Curso de linguaxe administrativa publicado pola Xunta de Galicia está dispoñible na rede na seguinte ligazón: http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/linguaxeadm.pdf

¿Quen se lembra do Vocabulario ortográfico da lingua galega (VOLG)? Podedes utilizalo, pero ¡ollo! que non é un dicionario