29/01/13
23/12/12
05/11/12
Do mesmo xeito, as palabras que no grego tiñan a terminación -itis e -tis teñen en galego a terminación -ite/-te: a apendicite, a bronquite, a diabete, a gastroenterite, a gastrite, a otite etc; pero exclúese desta relación gratis.
Todos os substantivos incluídos nestes dous grupos teñen xénero feminino e, polo tanto, cómpre lembrar que terminacións en -*i/-*is/-*iti/*-itis ou*-ti/*-tis en palabras de orixe grega en -sis/-itis/-tis son incorrectas en galego: *crisi/*crisis, *otiti/*otitis, *gastroenteriti/*gastroenteritis...
14/10/12
Lembrade que nun manual deste tipo a ortografía e a gramática trátanse parcialmente e préstaselle especial atención a outras cuestións propias dos documentos administrativos e xurídicos como: os tratamentos protocolarios, o uso das maiúsculas e minúsculas, a escrita dos números, a toponimia, as locucións propias do ámbito, as construcións sintácticas e morfolóxicas cuxo uso presenta máis erros, as abreviaturas, siglas etc.
Quen se anima a saborear estas recomendacións?
01/10/12
Conta cunha aplicación de balde para dispositivos de iOS e de Android.
Xa nos podemos poñer a buscar!
25/09/12
15/07/12
06/05/12
Logo da entrada de dicionario ofrécesenos a categoría gramatical da voz, a súa definición e unhas indicacións (en ocasións, case enciclopédicas) do estado do dito concepto na lexislación. A continuación, cando é pertinente, fanse entradas remisivas e recóllense os sinónimos correspondentes, a forma equivalente do castelán e mais o nome de quen elaborou a voz.
Actualmente os empregados públicos da Administración xeral, Administración de xustiza, Administración local e Servizo Galego de Saúde teñen acceso a el dende o enderezo: http://dicionarioxuridico.xerais.es.
22/04/12
11/11/11
b) Termos esenciais de dereito constitucional. Conta con 788 entradas e é da autoría de Begoña López Portas (profesora na USC) e foi coordinado por Xusto A. Rodríguez Río.
De seguro que nos serán de moita utilidade!
05/06/11
Parabéns pola iniciativa e esperamos que o Galegobook siga sumando libros!
01/05/11
Aínda que un pouco tarde, disque (e non *dis que) máis vale tarde que nunca...
"Hervé Joncour partiu cara ao Xapón a principios de outubro. Cruzou a fronteira francesa preto de Metz, atravesou as rexións de Württemberg e Baviera, entrou en Austria, foi en tren a Viena e a Budapest para acto seguido proseguir ata Kiev. Percorreu a cabalo dous mil quilómetros de estepa rusa, atravesou os Urais, entrou en Siberia, viaxou durante corenta días ata chegar ao lago Baikal, que a xente do lugar chamaba "o derradeiro". Bordeou o río Amur, costeando a fronteira chinesa ata o océano, e cando chegou ao océano ficou no porto de Sabirk dez días, ata que un barco de contrabandistas holandeses o levou a Cabo Teraya, na costa oeste do Xapón. O que atopou foi un país en desordenada espera dunha guerra que non daba estoupado. Viaxou durante días sen ter que facer uso da habitual prudencia, posto que parecía que o mapa dos poderes e as redes de control se disolveran ao seu redor ante a inminencia dunha explosión que as ía redeseñar totalmente. En Shirakawa, atopouse co home que o debía levar onda Hare Kei. Ao cabo de dous días a cabalo enxergaron a vila. Hervé Joncour continuou a pé para que a nova da súa chegada á aldea puidese chegar antes ca el."
Rematamos desexándolle unha rápida recuperación ao país nipón!
11/04/11
05/04/11
18/01/11
23/05/10
25/04/10
Mércores 12/05, ás 20.00: Posta en escena da obra de teatro “O achado do castro” de M. Núñez Singala, polo grupo de teatro Marañao.
Xoves 13/05, ás 18.30: Carlos Rafael actuará como contacontos.
Espero que participedes!
07/01/10
24/12/09
Unha pega, merga, reborderga
gorda, rebirigorda,
acotobelada e xorda
cría pegos, mergos, rebordergos
gordos, rebirigordos,
acotobelados e xordos.
Se non criase pegos mergos,
rebordergos,
gordos, rebirigordos,
acotobelados e xordos
non sería unha pega merga,
reborderga,
gorda, rebirigorda,
acotobelada e xorda.
Dado que nestas coplas atopamos se non imos aproveitar para explicar a diferenza que hai entre grafar senón e se non. Vexamos:
Senón vs. se non
senón
-introduce unha rectificación: Non é roxo, senón vermello.
-locución conxuntiva =‘menos que’: Creo que no te vin, senón que sexa o que di o teu curmán.
-non + verbo + senón: Non é senón un paspán.
-non só... senón tamén, suma o expresado antes: Non só quedou na rúa, senón tamén sen coche.
-prep. 'excepto': Senón Carlos e Gabriela, os outros quedaron na casa.
se non
-conxunción condicional se + adverbio non: Se non estudas vas suspender.
-conxunción comparativa se + adverbio non: A ver se non vos portades tan mal coma onte.
Agora só nos queda reflexionar un pouco, senón non imos conseguir facer ben a distinción!