04/01/11

UN AGASALLO DE REIS...

Comezamos un novo ano e con el tamén comezamos (sen n) a colgar novas entradas no blog. Neste caso imos falar dos Cantos de Reis, que son eses cantos destinados aos señores de Oriente, que disque se fomos bos ao longo do ano van ser moi xenerosos connosco (forma preferente fronte a con nós). Sexa conto ou non, velaquí vos queda unha ligazón para que escoitedes un destes cantares:
-Cantos de Reis (Na Lúa): http://www.coordinadoraendl.org/nadal2010/recursos/index.php?pax=pax2.php

Para aqueles que aínda non redactástedes a carta, velaquí tedes un modelo ben xeitoso proposto polo Servizo de Normalización Lingüística da Coruña: http://snlacorunha.blogaliza.org/files/2009/12/carta_reis.pdf

E se aínda non sabedes que agasallo mercar, podedes botarlle un ollo á revista Agasallo: http://www.agasallo.eu/

Moita sorte!