Hoxe celebramos o Días das Letras Galegas, desta volta dedicado ao poeta lucense Xosé María Díaz Castro. Velaquí queda un dos seus poemas máis coñecidos:
PENÉLOPE
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.
Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.
Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"
Xosé María Díaz Castro (1961): Nimbos. Vigo. Galaxia [texto adaptado]
Amais, quen queira achegarse á relación de X. M. Díaz Castro co mundo clásico pode ler o artigo de Xosé Antonio López Silva titulado "Díaz Castro e o mundo clásico. Un achegamento íntimo" (última páxina), publicado no suplemento que o Diario de Ferrol lle dedicou ao homenaxeado.