Velaquí queda a peza "No salón das cereixas" pertencente ao último disco de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre titulado As catedrais silenciadas. Desfrutádea estes días que nos toca quedar na casa e temos máis vagar.
15/03/20
#DÍGOCHOEU
Comezamos o ano 2020 cunha nova ferramenta que, de seguro, vai axudar a mellora o uso da lingua galega, tanto oral coma escrita. Trátase duns pequenos vídeos elaborados polos xornalistas Carlos Amado e Esther Estévez baixo o cancelo #Dígochoeu que permitirán resolver as dúbidas máis frecuentes que se presentan á hora de usar o galego.
Premendo na imaxe podedes visualizar a entrevista que lles fixeron aos xornalistas no programa A revista da CRTVG.
A seguir recollemos a relación de vídeos #Dígochoeu que se gravaron ata o momento coa finalidade de que vos sexan útiles e pasedes o tempo nestes días caseiros que nos esperan. Intentaremos actualizalos acotío:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)