Quen lembra a estrutura do documento denominado invitación? Tranquilidade que isto non é un exame.
Trátase dun convite que nos fai o Equipo de Normalización Lingüística (ENL) da EOI de Ourense, que en breve organizará un ciclo de relatorios baixo o título O foro da lingua, pasado, presente e... futuro? e cuxo programa se recolle a continuación:
04/03/2009 (mércores), ás 20:00h: "A normalización lingüística en Galicia: simplificacións e prexuízos" por Manuel Núñez Singala
10/03/2009 (martes), ás 18:00h: "Chíscalle un ollo ó galego medieval" por Raquel Rodríguez -unha servidora
25/03/2009 (mércores), ás 20:00h: "A estratégia reintegracionista" por Valentín R. Fagim
30/03/2009 (luns), ás 19:00h: "O galego en Europa" por Camilo Nogueira
A entrada é libre e de seguro que poderedes coñecer algunha cousiña curiosa sobre a lingua.
A ver quen se apunta?
Ningún comentario:
Publicar un comentario