Para todos aqueles votantes (e non *botantes) da enquisa relacionada coa praia, teño que comunicarvos que andades un pouco desencamiñados. Só o 33% soubéstedes resolver o enigma ao marcardes como correcta a segunda opción: Vou cara á praia. Parabéns pola vosa elección!
Non esquezades que en galego cara a é unha locución preposicional, é dicir, cara e a forman un matrimonio inseparable que non se pode separar baixo ningún concepto. De aí que a opción *Vou cara a praia sexa incorrecta, pois prescinde da preposición. Tamén é incorrecta a construción *Vou cara a a praia, debido a que a lingua galega contempla a contracción da preposición a e mais o artigo feminino singular a (=á).
E falando de praias (e non *plaias), velaí un par de imaxes das illas Cíes:
Ningún comentario:
Publicar un comentario