03/11/09

UN HALLOWEEN MOI GALEGO: O SAMAÍN!

O día 31 de outubro as rúas dende hai algúns anos énchense de xente disfrazada con adobíos tétricos e amedrantadores que lembran a morte, pero cal é a orixe desta tradición? A verdade é que a celebración do Halloween (ou Noite de bruxas) está moi arraigada entre os anglosaxóns, os cales reintrepretan esta festividade do mundo celta: o Samaín. Esta festa significaba o comezo da estación do inverno e do ano celta e nela producíase un achegamento entre os espíritos (non é *espíritus) dos defuntos e os vivos.

En Galicia dende hai algúns anos son moitos os que recuperan esta tradición e volven aos vellos costumes de baleirar cabazas e alumealas con candeas coa finalidade de manteren vivo o lume durante toda a noite. A propósito da cabaza, hai unha lenda que conta que un monxe irlandés chamado Jack era tan cruel e malvado que cando morreu foi ao inferno e alí, como compensación de todos os males que fixo en vida, foi agasallado cun nabo oco no cal ardía un tizón que, disque, nunca se apagaría. Velaquí unha imaxe dunha cabaza fotografada por Anne Geddes:
Por suposto, a gastronomía tamén acompaña esta festividade con ósos de santo, buñuelos, castañas, etc.


Ningún comentario: