BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS E GRAZAS POLAS VOSAS 4.000 VISITAS!
Imos (e non vamos, que é imperativo) celebrar este 17 de maio cun poema do homenaxeado o Día das Letras Galegas 2011, o autor Lois Pereiro, e tamén quero aproveitar para agradecervos as vosas innumerables visitas. Grazas a todos e todas vós e espero que gocedes (non *disfrutedes) de moitos días das letras durante todo o ano!
THE FLOWERS OF FRIENDSHIP FADED
Presentimos as horas do vrao
vivir de día
os futuros soños fríos
de amenceres de lúa con armarios
transparentes de ollos fríos
asesinos de princesas durmidas
en moreas de bebidas inocentes
reises da explosión solitaria
nun día escuro do país acusados de querer ser
ananos e vivir na herba
apuntándovos coa morte en decadencia
dende o día do viaxe
ou fuxida sentimental
oubeando (a chamada do bosco que se me
escondía)
o sonido
de senso desesperadoo sonido tráxico.
O éstase
en sorrisa vendo
como Piedad matabas aquil buraco escuro
con forma de crime
onde o silenzo ule
a tormenta nostálxica e neurótica
(un centro
neurótico pro
cun límite marcado nalgún sitio)
e non era a primeira vez
que o suicidio voaba no ceo da última paisaxe
Mary (buked and scorned)
xa o tiña visto
no ceo de California.
Lois Pereiro, Poemas para unha loia
3 comentarios:
Agora a polos 5.000 Raquel.
Esta semana prometo engadir algo novo!
Moi ben. Seguimos pendentes.
Publicar un comentario