17/05/14

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe celebramos o Días das Letras Galegas, desta volta dedicado ao poeta lucense Xosé María Díaz Castro. Velaquí queda un dos seus poemas máis coñecidos:

PENÉLOPE

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envolveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día                   
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco o Outono.
¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!"

Xosé María Díaz Castro (1961): Nimbos. Vigo. Galaxia [texto adaptado]



Amais, quen queira achegarse á relación de X. M. Díaz Castro co mundo clásico pode ler o artigo de Xosé Antonio López Silva titulado "Díaz Castro e o mundo clásico. Un achegamento íntimo" (última páxina), publicado no suplemento que o Diario de Ferrol lle dedicou ao homenaxeado.

Ningún comentario: