O apóstrofo é un signo ortográfico que marca a elisión dunha ou máis vogais nunha palabra. É moi frecuente o seu uso en linguas coma o italiano, o francés, o inglés e o catalán; amais, no galego tamén podemos empregar este signo
ortográfico nos seguintes casos:
a) Para
reproducir tal cal a prosodia do galego oral ou dialectal. Por exemplo, na adiviña: Catro
na cama, / catro na lama, / dous parafusos / e un que ll’
azana.
b) Para
os títulos das obras ou cabeceiras de publicacións, só cando o artigo inicial vai
precedido das preposicións de ou en: Leuno
n’
A Nosa Terra, Estou
estudando os personaxes d’
Os dous de sempre,
pero nunca Quedou
durmido *c’
Os Eoas nas mans.
Cando
empregamos os procesadores de texto debemos ter conta e non confundir a
tipografía do apóstrofo [’] coa do acento agudo [´], pois son signos
diferentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario