17/02/13

COMER E RAÑAR, TODO É EMPEZAR!

Recentemente presentouse en Santiago de Compostela o Dicionario de alimentación e restauración galego-castelán-inglés, editado pola Xunta de Galicia, o Centro Ramón Piñeiro, A Real Academia Galega e o Termigal, que recolle aproximadamente 3.000 voces e unidades pluriverbais (por exemplo, cacheira prensada, filete de peituga, queixo azul, touciño do ceo etc.) relacionadas co ámbito da gastronomía.


Unha nova ferramenta para usarmos a lingua con saboroso fundamento!

1 comentario:

Voz en off dixo...

Que práctico!!