Nesta ocasión recollemos aquí unha ferramenta moi útil, gratuíta e de grande axuda á hora de consultarmos páxinas web e facermos citas bibliográficas.
Trátase da Wayback Machine creada por Internet Archive, que nos permite coñecer a data e as modificacións dunha páxina web. Ao teclearmos o enderezo (URL) da páxina elixida obtemos información do calendario das actualizacións ou cambios no dito portal e permítenos ver as versións arquivadas das páxinas web a través do tempo.

O nome de Wayback Machine é unha referencia á serie americana de debuxos animados The Rocky and Bullwinkle Show, na cal Mr. Peabodyand e Sherman utilizaban unha máquina do tempo, a "WABAC machine".
Quen se anima?
Ningún comentario:
Publicar un comentario