21/11/09

É TEMPO DOS E-BOOK

Disque a estrela deste Nadal van ser os e-books, pero realmente estes novos aparellos serán quen de substituír o libro en papel? Quero pensar que máis ca dunha substitución vaise tratar dunha diferenciación de usos; o máis probable é que as lecturas de pracer se sigan facendo tendo un libro tradicional nas mans e, pola contra, as lecturas de artigos, textos puntuais, descargas de obras se fagan a través do libro electrónico. De todos os xeitos, para os nostálxicos do libro e dos manuscritos, velaquí deixo estas ligazóns da elaboración dun manuscrito medieval con miniaturas e da aparición da imprenta.

Elaboración dun manuscrito en 3D: http://www.fitzmuseum.cam.ac.uk/pharos/images/swf/manuscript/manuscript_5a.html

A imprenta: http://www.youtube.com/watch?v=IPg05uCE608&feature=related

Ningún comentario: